glutamato—amoníaco ligase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sitio activo entre dous monómeros da glutamina sintetase de Salmonella typhimurium. Os sitios de unión de catións están en amarelo e laranxa; o ADP está en rosa; fosfinotricina en azul.[1] | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Número EC | 6.3.1.2 | ||||||||
Número CAS | 9023-70-5 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
Glutamina sintetase, dominio beta-Grasp | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||||
Símbolo | Gln-synt_N | ||||||||||
Pfam | PF03951 | ||||||||||
InterPro | IPR008147 | ||||||||||
PROSITE | PDOC00162 | ||||||||||
SCOPe | 2gls / SUPFAM | ||||||||||
|
Glutamina sintetase, dominio catalítico | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Encima glutamina sintetase de 12 subunidades de Salmonella typhimurium.[2] | |||||||||||
Identificadores | |||||||||||
Símbolo | Gln-synt_C | ||||||||||
Pfam | PF00120 | ||||||||||
Pfam clan | CL0286 | ||||||||||
InterPro | IPR008146 | ||||||||||
PROSITE | PDOC00162 | ||||||||||
SCOPe | 2gls / SUPFAM | ||||||||||
|
glutamato-amoníaco ligase (glutamina sintetase)
| |
Identificadores | |
Símbolo | GLUL |
Símbolos alt. | GLNS |
Entrez | 2752 |
HUGO | 4341 |
OMIM | |
PDB | 2qc8 |
RefSeq | NM_002065 |
UniProt | P15104 |
Outros datos | |
Número EC | 6.3.1.2 |
Locus | Cr. 1 q31 |
A glutamina sintetase (GS) (EC 6.3.1.2)[3] é un encima que xoga un papel esencial no metabolismo do nitróxeno catalizando a condensación do glutamato e o amoníaco para formar glutamina:
Glutamato + ATP + NH3 → Glutamina + ADP + fosfato
A glutamina sintetase usa o amoníaco producido pola redución de nitratos, degradación de aminoácidos e fotorrespiración.[4] O grupo amida do glutamato é unha fonte de nitróxeno para a síntese de metabolitos da vía da glutamina.[5]
Outras reaccións poden ter lugar tamén por medio da glutamina sintetase. A competición entre o ión amonio e a auga, as súas afinidades de unión e a concentración de ión amonio inflúen na síntese e na hidrólise de glutamina. A glutamina fórmase se un ión amonio ataca o intermediario acil-fosfato, mentres que se volve a formar glutamato se a auga ataca o intermediario.[6][7] O ión amonio únese máis fortemente que a auga á glutamina sintetase debido ás forzas electrostáticas entre o catión e o peto cargado negativamente.[4] Outra posible reacción é pola unión de NH2OH á glutamina sintetase, en vez de NH4+, o cal rende γ-glutamilhidroxamato.[6][7]